Xantar de Nadal

Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.

Contido

O evento

Xantanza, chuzarrasco, rogbaliza, spamnada, blocomillada, (wo)mancontro, asembliguea, papanza ou como lle queiran chamar

Actos programados

Punto de encontro

Point of No Return. Será ás dez e dez (10 e 10) na estación de trens de La Curuña, para recibir ás huestes infernais chegadas de Compostela. Se non coñeces a ningún dos que veñen de vista, procura levar algunha prenda verde chuza e tararear o hino galego para ser recoñecido e debidamente abrazado.

Ceanza

Cearemos na Parrillada Rodicio, situada no número 7 da rúa General Mola (pero mola más Capitán General). Pan, bebida, café e todo o rodicio que lle podamos mangar no corpo por 22 euriños, que non son cartos nin son nada.

Bookcrossing

Fer vai liberar libros ao mundo porque a el sóbranlle.

Dropspotting

Xa que na cidade hai un Drop Spot, pode que alguén queira aproveitar para ir recoller o que está agardando nese burato. Recordade que se recolledes algo, algo tedes que deixar.

Fotografía de grupo en Peluquería Maribel e/ou en Alcalde Foya Jordi

Un clásico. Hai que facelo. Porque nos pilla no camiño do Desquite ao Patachim, dous deses antros colaboracionistas, niños e agocho de alimañas. Tamén podemos cantar o hino.

Pis en jardincito

Ao Patachim éntrase mexado, desfogado e cheirando a Nadal. Está claro?

All Night Long

Esta é a verdadeira especialidade chuceira, beber moito, bailar algo menos e mover os labios para que pareza que sabes a canción.

Os nominados son:

  • Bathory. Igual quédanos pequeno, pero a cervexa é tan barata.... a música está alta, é chunga, non se pode falar máis que co do lado. A cervexa é barata. E todos (TODOS) os que anden por alí serán máis raros ca nos.
  • XXL. Dentro non collemos, o conto é facer o coruñés e beber na rúa. A especialidade da casa é unha cousa que se chama Migraña, moi recomendada.
  • Desquite. Hai que ir, porque si, porque unha canción da Carrá a tempo quitache todos os males. Consulten a posibilidade dunha visita guiada aos baños.
  • Patachim. Un must, que dirían nas revistas de tendencias. E ainda por riba colabora coa causa, vamos, que non temos excusa. Os camareiros son amables, o pincha é complacente e os baños son pequenos e porcos. Amigos, a perfección non existe, pero no Patacha todo é amor, e eso é o que queremos todos, non é?.
  • Velvet. Vamos porque é venres e os venres pinchan guai, outra cousa é que cheguemos con tempo para tomarlle unha, bailarlle dúas e sacar a foto co borracho do fondo.
  • Crápula. Un clásico onde punks e garageros van facer o ídem a ritmo de rock & roll. Está por estrear nun allnightlong, e xa vai sendo horiña.
  • Mardi Grass. O guai do Mardi é a praza que ten diante, e bueno, se tes moitas ganas de bailar tamén vale, que o sitio é para eso. Pero sempre gaña a placita e o vaso de papel.
  • Soweto. Aquí no hay cojones a llegar, ou si?.

Saturday Morning

Ou como dismular o teu lamentable estado mentras discutes co compa se pedirlle ao camareiro media de churros ou un copazo para baixar ese ducados. A mañáns son duras.

  • Torre Esmeralda. En realidade da igual como chegues porque todo o mundo alí está igual ca ti. Podes almorzar o que queiras, ou non almorzar. Só tes que manter os ollos abertos.

Data

Venres 29 de decembro de 2006

Lugar

A Coruña

Local

Este punto estase a debater na páxina de discusión deste artigo

Personal tools