Usuario:Maceirax
Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.
PRECISAMENTE POR MOTIVOS TEMPORAIS É QUE DECLARO TEMPORALMENTE CHAPADA ESTA SECCIÓN
Ou como diría meu vesiño Mighel de Lira... MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR!
Ou como diría meu amigho Pepe de Xan... ENTREMENTRES!
Ou como diría El (in)Mundo... Maceirax declara el alto el fuego indefinido
Por motivos risopédicos conservarase todo o material aloxado ata a data nesta bitác... páx... wik... o que sexa.
Ghrasiñas aos trinta corenta cincuenta e pico mil friquiolos que me visitástedes, sen todos vós isto tería sido perfectamente posíbel, pero mola máis ter visitas. Espero tervos feito sorrir (sequera mover unha comisura) e tomar o mundo un pouco menos a peito.
Un saudiño!
Maceiradax no ChuzArte
GZ2009: Vale tudo. |
|||
Outros deseños
Chirigotadas miñas varias que non teñen lugar no ChuzArte. Se che gusta algún dos deseños e queres usalo para camisolas, pins ou rotular o teu camión de 12 eixos podes poñerte en contacto comigo en gmail.com, seguro que arranxamos ;-)
Saudando a carreira de Rajoy á presidencia hispana desde o Pasquim. |
|||
Parodia da precampaña do PSOE. Orixinal aquí |
Des-varios gráficos
Nota importante: Calquera semellanza coa realidade é só produto do teu perturbado maxín.
O peor pesadelo do deseñador gráfico
O segundo peor pesadelo do deseñador gráfico
-Si hombre, esa fuente que hace así [xestos erráticos coa man] y que queda guay en azul... Seguro que la viste más de una vez, es parecida a esa de ahí... bueno, parecida no, pero más o menos... aún no lo pillas? Jajaja y eso que eres diseñador...
[Actualización] A fonte que esixía o cliente chámase "Terrible Nerves".
Segundo pesadelo Reloaded
-Pon la lista de precios con esa fuente tan chula que...
Neste punto xa podes dar plenamente por feito que a fuente-tan-chula non ten o símbolo do euro.
O terceiro peor pesadelo do deseñador gráfico
-E por que non probas a estirala foto para que ocupe todo o fondo?
-Porque esas persoas de aí van parecer eucaliptos.
O logotipo
A documentación
-U-lo logotipo?
-Creo que está puesto en la web.
The ®
Logo de media hora escoitando a diatriba do cliente sobre o importante que era rexistrar o logotipo para que ningún espía industrial con antiface se apropie de el e che afunda a empresa, decido por casualidade consultar o rexistro da OEPM, para descubrir que non só non o rexistrara en absoluto, senón que outra empresa tiña o denominativo rexistrado para o mesmo sector profesional... pero que máis da, co bonito que queda o ® no logo!
[Actualización brutal a 07/11/07] "Ponle el logo de copirrait."
Manuel de imaxe corporativa
-Pues ahora coges el logotipo, lo estiras así, le pones un borde negro por aquí, y esto puedes quitárselo, da igual. Hummm, ya puestos, ¿no crees que si lo ponemos en azul iría mejor con el fondo? Eh? Buf, es que ahora que lo veo puesto con ese fondo tan bonito llama la atención por cutre, por qué no pruebas a hacer uno nuevo así rapidito?
Configuración cromática (ou Para ghustos...)
-No sé, me gustaría que se viera mejor el título, por que no pruebas a ponerlo en rojo*?
-...
-Ves, mucho mejor. Lo que pasa es que ahora los textos quedan un poco así, ponlos también en rojo* y a ver.
-......
-Hombre, a donde va a parar. Lo que no llama mucho la atención es el fondo... que tal si le quitas el dibujito y se lo pones... no sé... un poco más rojo*?
- Existen variantes desta patoloxía obsesiva con algunha cor máis.
NOTA MOI IMPORTANTE: O cliente medio é quen de chamar polo seu nome a todas as cores que [cre que] existen.
A impresión
-Jo, es que no está tan chulo como en la pantalla.
-Lóxico (...). Pero esa é a súa verdadeira cor corporativa, podemos cotexalo co Pantonario... ve?
-No sé, pues me gustaba mucho más como quedaba en la pantalla.
O redeseño
-En serio ese es el nuevo logo de [Colocar nome de institución pública aquí]? Buah, estás de coña... joder, de verdad? Increíble... Pues no, no me gusta nada, pon el antiguo...
Logotipos a.C.
Hai veces na vida dun deseñador en que o mundo se che derrumba, o corazón comeza a petar como se quixese acadar a emancipación, a carraxe non che deixa razoar se o máis correcto é fundir o puño no monitor emulando o berro brusliniano ou simplemente procurar unha nova senda vital no budismo. O mundo dos logotipos préstase moito a poñer a proba a salubridade mental do profesional do deseño.
- Terrorismo gráfico
[Actualización do anterior] Eureka! (Deseñador do PP facendo o briefing) |
|||
- Rir ou chorar
Reproduzo de memoria a chamada telefónica vía deseñador-cliente:
-Bo día, chamáballe polo do logo que vai no cartel de [Nome do evento].
-Buenos días! Pues cuéntame.
-Hai un pequeno problema, abrimos o seu "logotipo" en Word [remarco estas palabras, por si puidera tratarse dun erro] e sáenos nunha tipografía ilexíbel. Non sabemos se o problema é que non temos a tipografía correcta ou o qué... a cuestión é que consideramos que non se vai poder ler ben, e xa que vostedes colaboraron a financiar este evento tan importante, é unha mágoa que no cartel o nome da súa empresa fique irrecoñecíbel.
-Entiendo... Es que lo hicimos esta mañana en medio minuto, espera que te paso con [Nome e cargo na empresa].
...
-Hola, me dicen que no se qué problema tenéis con el logotipo.
-[Reitero o argumentado a Interlocutora nº 1]
-Pero si el logotipo es así, vosotros sabréis como ponerlo para que se lea bien, ¿no?
-Xa señor, pero o problema é que poñámolo como o poñamos vaise ler mal, moi mal.
-...
-De feito, se queren e para saír no paso, podemos facerlle un par de deseñiños novos, mándolle as mostras por correo e logo vostedes dinme cal prefiren.
-[Ton airado] Mira, es que el logotipo es así, no podéis cambiarlo! Si no sabéis ponerlo de forma que se lea es problema vuestro...
A imaxe reprográfica (A foto)
[Vía cliente/deseñador]
Día 1: -Me pasaré hoy a llevarte la foto que me gusta.
Día 2: -Ayer no pude, hoy me paso.
Día 3: -Verás, es que no encontré la foto, pon tu la que quieras y tirando. [Unha vez máis Google Imaxes deixa unha pobre alma na estacada]
Día 4: -Hummm, esa foto no me gusta, mejor algo más "rural".
Día 5: -No. Mira, lo que busco es un paisaje rural en que se vea mucho verde, un bosque y un río, una anciana vestida muy rusticamente (pero tampoco de luto) con el sacho labrando las patatas. No estaría de más una casa de piedra al fondo con un hórreo o algo.
(...)
-Como? Que no tienes una foto así? Y no podrías sacarla tu?
(...)
-Gratis no? Pues vaya...
O cartel de festas
Persoa chega a oficina para encargar cartel de festa. "Orixinal" mecanografiado depositado, reproduzo literalmente:
FESTIVIDAD DE SAN JUAN
EL PROXIMO DIA 23 DE JUNIO/ ESTA ASOCIACIÓN [NOME DA ASOCIACIÓN]; LLEVARA A CABO EN LA EXPLANADA CITA EN EL FRENTE DEL ANTIGUE INSTITUTO DE [NOME DO INSTITUTO] DON DE ESTA INSTALADO NUESTRO CENTRO, LA SARDIÑADA, PARA TODOS LOS SOCIOS, CON CARACTER GRATUITO-
COMENZARA DICHA SARDIÑADA A LAS NUEVE DE LA NOCHE,
TENDREMOS SARDIÑAS ASADAS PAN DE TRIGO, PAN DE MILLO VIÑO TINTO Y BLANCO, PARATODOS.
EL COMIENZO DE LA FIESTA SERA ANUNCIADA POR BONBAS DE PALENQUE
ESTA JUNTA DIRECTIBA, AGRADECERA A TODOS SUS SOCIOS LA ASISTENCIA A DICHA SARDIÑADA.
SIN MAS POR LA PRESENTE, Y EN LA CONFIANZA DE LA ASISCTENCIA
A ESTA TIPICA FIESTA DE SAN JUAN, DE TODOS VOSOTROS,
OS SALUDA Y OSDESEA UNA FELIZ FIESTA,
VUESTRA SACRETARIA.
[NOME APELIDO APELIDO]
Conversa mantida a continuación:
-Pero señor...
-[Xesto de contrariedade] Fai o cartel así, que a secretaria ten mui mala leche!
A intensa relación deseñador/fotocopia
-Hola! Venía a hacer unas fotocopias...
-Síntoo, señor, aquí non se fan fotocopias.
-Como que no? Ahí hay una fotocopiadora!
-Iso non é unha fotocopiadora, señor; é unha impresora láser.
-Pues a mi me parece una fotocopiadora de toda la vida.
-Pois logo é unha fotocopiadora a cor e calidade fotográfica que custa trinta mil euros.
-Entonces lo que yo te decía, una fotocopiadora. Para que me discutes?
Cinco minutos despois, estado da conversa
-Tu no sabes quien soy yo? TU JEFE tiene varios créditos con mi banco. Así que hazme esas malditas fotocopias.
-Mire, señor, a min non me pagan por facerlle fotocopias a ninguén. Pero imos facer unha cousa: Eu ensínolle como se fan copias, vostede póñase aí e vaia "fotocopiando" o que queira.
-Hacerlas yo???? pero si es un dossier de 300 páginas!
-Síntoo pero eu teño traballo, non podo axudarlle.
-Pues vaya con el "trabajador"! (modo irónico)
Dez minutos despois
-Joder, vaya mierda de fotocopiadora, es lenta de cojones!
-Xa lle dixen que non é unha fotocopiadora.
-Y aun por encima va y se atasca!
-Señor, acabóuselle o papel.
A tarxeta de visita
Recibo orixinal con "deseño" amateur para tarxeta de visita. Cores imposíbeis de imprimir, tipografía e fondo pixelizados, e tamaño de impresión da información de contacto de 2 mm de altura.
-Isto non vai quedar ben, non se vai ler ben a información e as cores non van saír nin parecidas. Se queres redeséñoa mantendo a idea para que saia ben.
-No, que va, no te preocupes, yo me encargo.
Dous días despois, recibo revisión. Outras cores tamén imposíbeis de imprimir, tipografías e fondo diferentes pero pixelizados tamén, e tamaño de impresión da información de contacto de 2 mm de altura.
-Isto non vai quedar ben, non se vai ler ben a información e as cores non van saír nin parecidas. Se queres redeséñoa mantendo a idea para que saia ben.
-...
Por que non nos fan caso?
Vía Xefe/Deseñador
-Mete esa foto.
-Mira que vai pixelizar...
-Que vai pixeliqué?
-Que non se vai nin intuír o que é.
-Por que o dis?
-Porque non ten resolución.
-...
...
Fai o que che digo, ten que saír ben.
[150.000 impresións máis tarde...]
-Ves como ía saír mal?
The power of labia
Cliente entrega orixinal sorrindo de orella a orella.
-Aquí tienes, cuanto estará listo?
-O que, a mostra?
-Que muestra?
-A mostra do redeseño que lle teño que facer.
-Y eeeesoooo????
-As fotos veñen mal. Non podemos imprimir esas cores. O texto ten fallos de ortografía, moitos. Ademais ese formato de arquivo pode ser a nosa ruína. Por tanto o que vou facer é adaptar a súa idea para garantir que o traballo saia ben.
-Pero que dices, hombre? La idea no es mía, se lo encargué a un diseñador hace meses, como puede estar mal?
-[retranca]Deseñador, me di?[/retranca].
-Si, y para los 400€ que me cobró tiene que ser muy profesional...
Outros non temos the power of labia
[Vía deseñador/cliente]
-Ola, mandeiche a mostra de pantalla do deseño para o cartel, a ver que che parece. Sobre o que me dixestes de mandarme unha foto para o fondo, case mellor non me mandes nada, xa lle puxen unha boa foto do mesmo estilo que tiña por aquí, total como vai quedar tapada pola información e as outras fotos máis representativas non ten demasiada importancia o "detallada" que poida estar a de atrás. Xa que tendes apuro, se me aprobas o deseño rapidiño poderíamolo ter listo no día. Un saúdo.
-Muy bien, pues te mando la foto para el fondo ahora mismo.
Desmentindo a propiedade asociativa (axb) ≠ (bxa)
[Vía xefe/deseñador]
-Xa alistastes iso?
-Si.
-Mándao a imprimir entón.
-Vale.
[Despois de imprimir]
-Mandástelle unha mostra do arte final ao cliente?
-???????????????????
-Si, mándalla mostra por se quere cambiar algo.
As userboxes, ese gran invento! :-P
| <25 | Este usuário é adolescente |
| ILG | Este usuario é un isolino de merda |
| GH | Este usuario fala ghalegho |
| SS | Este usuario fala con seseo. |
| | Este usuario sabe que Deus é un ser imaxinario [1] |
| poc | Este usuario fai poc |
| | Este usuario é maceirax no Last.fm |
| | Este usuario nega ter caspa |
| | Este usuario falou con Alexia |
| | Este usuario non vota novas relacionadas cos tangallegos |





