Usuario:Birnarem
Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.
| >25 | Este usuário é madurito |
Birnarem saúda a tod@s @s chuzeir@s.
Vivo na Coruña. E formo parte de moitos mundos diversos e variopintos.
- Son socio e colaborador da Asociación Cultural Manicómicos.
- Formo parte da Masa Crítica Coruña.
- Toco a ghaita (ou polo menos o intento) na Asociación Cultural Airiños da Torre.
- Estou metido no mundiño das Apertas Gratis
- Dispoño dun blog propio no que intento informar do que sucede aquí e no resto do mundo, información alternativa aos mass-media manipuladores: o mundo de birnarem
¿Qué fago no meu tempo libre? Moitas cousas, moitas:
- Gosto de xogar ao fútbol os sábados pola tarde e de cando en vez ao fútbol sala.
- Gosto de saír polas noites do venres e o sábado se me atopo na Coruña.
- Gosto de ir ao cine de cando en vez. Non gosto moito do cine ianqui, prefiro cine europeo e asiático, e os temas preferidos son as películas históricas, fantásticas ou doutras culturas.
- Encántame saír de acampada itinerante, andando todo o día e acampando en calquera lugar no medio dun bonito bosque.
- Gosto do mundo rural e visito de cando en vez algunha casa ou comunidade da península ibérica nas que outra forma de vida é posible.
- Son un viaxeiro mochileiro de albergues. Coñezo máis de media Europa, e a miña viaxe desexada neste momento sería Xapón.
- Vou en bici a traballar e para desplazarme pola cidade sempre que podo.
- Traballar 8 horas diarias en xornada partida en algo do que non gostas paréceme un mal vivir.
- Gosto da música folk, non só a galega e a celta, senón tamén doutras culturas (Romanía, Bulgaria, China, Xapón, Suecia, Finlandia, ...).

