Propostas de novas categorías

Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.

Agora mesmo hai 32 categorías en chuza! e inda así en ocasións temos problemas para elexir unha categoría para algunhas novas. Nesta páxina poderedes propor novas categorías e discutir sobre a súa inclusión ou non, e quen sabe se algún día serán tomadas en conta po-lo creador.

Contido

Categorías propostas


Non esquezades asinar e usa-la páxina de discusión para opinar.

Propoño que se cree a categoría obituarios. Ou pasamentos, vaia (son cesare, non sei por que non me recoñece o usuario...).--86.145.188.233 19:51, 10 Decembro 2006 (UTC)

A miña proposta

[Antes > Despois]

  • ensino + universidade > ensino
  • españa + portugal (máis outras novas de actualidade non relacionadas estrictamente con Galiza nación) > internacional
  • letras + audiovisual + musica + cultura libre > cultura (ou senón suprimir a categoría cultura libre e meter as de teatro, pintura, etc etc...
  • gráfica + medios (máis todo o relacionado con publicidade e deseño) > comunicación
  • eventos > convocatorias
  • ciencias e tecnoloxía, malia non ser o mesmo, repartense na inmensa maioría das ocasións as novas de xeito case aleatorio. Propoño fundilas nunha soa.
  • denuncia desaparece (non ten sentido posto que a denuncia pódese encadrar perfectamente nalgunha das outras categorías)
  • sexo + lgbt > sexo (nunca entendín moi ben esa diferenciación)
  • lingua + reintegratas > lingua (esta tampouco)
  • programación + redes > informática
  • nacionalismo + política > política
  • estudos raros (máis boa parte das que habitualmente metemos inexactamente en humor) > curiosidades
  • última hora desaparece (tamén se deben englobar nas outras categorías, pois só é última hora no momento que se publica, se fica nesa categoría a partir dese momento queda nunha especie de "limbo", difícil de localizar.
  • lercheo, que facer co lercheo... a curiosidades?
  • O demais gústame como está.

Só valorei para a formulación desta proposta a facilidade para trazar as novas relacionadas. Tal como está agora unha nova pode ir a dar indiferentemente a tres ou catro categorías distintas, iso é o que se debe tratar de evitar, non é?--Maceirax 12:44, 13 Agosto 2007 (UTC)

Nova categoría

>>Novas tecnologias ou sociedade da informaçom -- Acho importante estas categoria >> I+D+i -- também importante

Ola. Eu tamén botaba en falta unha categoría "Internacional", ou incluso varias específicas: América, África, Asia, etc... Hai novas que hai que reconducir a outras categorías (coma "Política", ou "Denuncia", que non lle pegan moito). Por exemplo, ás veces quero chuzar algo sobre Oriente Medio e non dou atopado unha categoría que lle vaia ben. Non sei, creo que quedaría mellor.

--Julicheiro 11:32, 28 Agosto 2007 (UTC)

Proponho categoria "mar", "marítima" ou similar por sugestão de Cleoninha aqui.--Gerardinho2000 21:32, 29 Agosto 2007 (UTC)

Eu propoño a categoría "chuza", para falar de asuntos da web coma este ou estoutro sen ter que recorrer á categoría redes. --Anllo 13:17, 30 Agosto 2007 (UTC)


Ante a avalancha de novas relacionadas, e como comentei nunha entrada (non sabia que habia isto) propoño Urbanismo --chimpin 21:44, 28 setembro 2007 (GMT)


Eu proponho uma nova categoria: "Lusofonia", que ao mesmo tempo deveria incluir a "Reintegratas". --serna 00:23, 24 fevereiro 2008 (GMT)

Proposta de novas categorias

Categorias que boto em falta:

- Sociedade: Muitas das novas que envio poderiam ir em algo assi como sucesos ou sociedade, já que nom tenhem por que ser exactamente umha denúncia e penso que caberiam muitas novas dentro desta categoria.

- Mar: o mar tem grande importância para nós já que é umha das nossas principais fontes de ingressos. Novas sobre todo tipo de novidades em embarcações o pesca, eventos relacionados com o mar, sequestros de pesqueiros, contaminaçom marítima, defensa das rias, etc. etc. poderiam entrar nesta categoria... e nom som poucas!!

- Agro-gandeiria: nom há dúvida de que o agro e a gandeiria também formam parte da nossa cultura e da nossa economia, e todo tipo de novidades sobre subvenções, bancos de terras e cousas do estilo iriam bem na sua categoria de seu.


--Galegoman 18:40, 26 maio 2008 (GMT)

-- Categoria "voto negativo nova sem a ler" Ex-usuária justamente baneada. 12:48 11 de Julho 2008

Personal tools