Lei de Berto

Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.

Lei enunciada por Berto Yáñez no fedello de chuza (http://chuza.org/fedello) o 29 de maio de 2006 que trata sobre a cultura de internet, a lingua e a textualidade.

Contido

Enunciado

"A medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 1"

Corolario (por Amil)

"A medida que uma discusom online em galego sobre Astúrias avança, a probabilidade de que se mencione o a galeguidade ou nom da fala do Eu-Návia achega-se a 1"

Preguntas frecuentes

Que significa a Lei de Berto?

Pois significa que a medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 1.

Pero, que significa realmente a Lei de Berto?

Aqui está o quid da cuestión, cada cal pode entender a Lei de Berto como el queira: un exercicio de rebeldia, un problema social, unha característica intrínseca a esta nova forma de comunicación baseada no texto, a manifestación da existencia dunha cuestión linguística ou o que sexa. Pero o que está claro é que todo o mundo que participe activamente na internet galega sufriu nas suas carnes moitos casos donde fios de discusións de calquera tipo desapareceron completamente para centrar o debate en cousas tan simples nun ñ, ll ou ç. Iso é realmente a Lei de Berto.

Casos reais

Personal tools