LaVoz en galego
Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.
Este artigo ou algunha das súas seccións estan suxeitas a debate para determinar a súa validez. Por favor, consulta a páxina de discusión para ver o estado.
Galeguizando a web de La Voz de Galicia
Cando Vieiros comezou a ofrecer o servizo de tradución automática de xornais pouco menos que obrigou a La Voz de Galicia a implantar algo semellante na súa web. Porén, La Voz segue a ser un medio castelanizante e castelanizado: erros no tradutor, fluxos RSS en castelán...
Desde Chuza! xurdiu a idea de meterlles máis presión poñéndonos de acordo para usar o dominio en galego deste xornal (hai que empregar ese enderezo e non www.avoz.com porque este xa o redirixen automaticamente a www.lavozdegalicia.es). Recoméndase actualizar os marcadores con este enderezo URL que inclúe o dominio en galego para aproveitar o elevado número de visitas que reciben desde Chuza! e que o vexan nas estatísticas, doutro xeito sodes un número máis entre os lectors de castelán e os/as administradores/as non terían indicios sobre os que argumentar o peso de lectores/as en galego.
Podedes ver o uso relativo dos dominios avoz.com e lavozdegalicia.es nas nubes de etiquetas de chuza para o último ano aquí). De vagar imos conseguindo que o dominio en galego sexa o máis usado pol@s chuceir@s.
Galeguizando outras webs
Aínda que outras webs, sexan ou non de xornais, non estean en galego é moi doado potenciar nelas o noso idioma. Abonda con que en vez de chuzar a web orixinal empreguedes un tradutor automático e chuzades unha web coa tradución ao galego. Cando vexan que unha boa parte das visitas proceden dun tradutor hanse dar conta.
Para lograr isto temos dúas opcións: o Traduza-g de Dimensiona (o mesmo que emprega Vieiros) e máis o Opentrad-Apertium da Universidade de Vigo (o que emprega A Voz de Galicia).
Vese mellor cun exemplo: Se esta é a noticia orixinal, chuzamos esta ou esta.
O que hai que engadir ao comezo do enderezo URL orixinal é http://213.96.237.114/traduza/TraduzaWeb.dll/trad?lng=galego&pax= no Traduza e http://sli.uvigo.es/tradutor/navegador.php?marcar=&direccion=es-gl&inurl= no Apertium.
En calquera caso, se tedes un mínimo de amor pola lingua, recoméndase encarecidamente usar o primeiro, por máis exacto e completo.

