Discusion:LaVoz en galego
Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.
Sobre o de chuzar cousas usando a url do traductor (para outros casos que non sexan La Voz):
Ainda que cadaquén chuza o que lle da a gana, e así debe ser non é moi recomendable para o sistema chuzar cousas usando tradutores automaticos como opentrad ou similares, xa que:
- Fan dificil a visualización da fonte de donde proceden os contidos.
- Fan que a entropía de chuza baixe e eso é negativo xa que fai que confluan nunha soa fonte moitos links a que realmente son de fontes diferentes.
- Fai que a nube de fontes se desestabilice provocando resultados visuais erróneos.
eu creo que recomendalo compromete a integridade do sistema e en ultimo caso a integridade do propio concepto de web semántica: http://www.w3.org/2001/sw/
--Berto 13:51, 14 Setembro 2006 (UTC)
En efecto o que apuntas é vero, e aínda que concordo cos puntos 1º e 3º penso que o meollo está no punto 2º, do cal se derivan os outros dous, que son meras representacións ou manifestacións do 2º.
O debate está, pois, ao meu ver, en avaliar, valorar ou valorizar se paga a pena introducir esa distorsión no sistema de funcionamento de Chuza! a cambio de poder transmitir a webmasters de medios (e en definitiva aos propios medios) chuzados mediante tradución automática que contan entre as súas visitas cunha determinada porcentaxe de lectores/as que demanda deste xeito unha maior presenza do idioma galego nese medio.
A favor desta pequena traición está o feito de que esta forma de facerlle ver aos medios a existencia de lectores/as en galego é máis efeciva que as típicas campañas de enviar emails ou de criticalos noutras webs. E iso é todo o que, coido, se pode argumentar.
En calquera caso, existiría unha solución máis directa, que pasaría por alterar o código de Chuza! para que á hora de chuzar permitise chuzar unha versión traducida dunha nova (que sería a que se cargaría no navegador ao premer sobre ela) mentres que a efectos internos, quer de presentación en pantalla do do nome ou da URL da fonte, quer de contabilización interna da importancia da fonte para estatísticas ou nubes de palabras, se seguise tendo en conta a fonte orixinal sen traducir.
Imaxino que isto non está feito en ningun clon Digg do mundo mundial, pero por que non podería ser Chuza! o primeiro en facelo? As posibilidades de montar portais colaborativos multilingües serían enormes, probabelmente maiores do que unha simples, modesta e improvisada campaña para chuzar medios en galego.
--Calidonia 20:14, 18 Setembro 2006 (UTC)
Sobre o de alterar o código de chuza para algo que se extralimita tanto das súas funcións xa nen sequera vou discutir, sobre o de alterar e producir distorsións no sistema para transmitir aos webmasters visitas con "notiña sobre o uso do galego" pois como sempre digo: cada cal chuza o que queira, pero eu considero que unha boa campaña pasa porque ningun dos seus efectos colaterais sexa negativo para ninguén... eu creo que co tempo e como rede social chuza negarase a eso e autoregularase descartando as novas chuzadas desa forma. Farías o mesmo no teu blog/empresa/partido político? Provocar distorsions e traicións nos seus posts/ideoloxia/método de traballo por moi boa que fose a intención?.
--Berto 07:19, 19 Setembro 2006 (UTC)
Polo que a min respecta retírase a proposta, para evitar malentendidos, porén eu a título particular seguirei facéndoo, seguindo na liña de máxima liberdade e autoregulación de Chuza!.
O certo é que non imaxinaba que a cousa podía cualificarse de 'extralimitación' nin inducir respostas que intúo pelín ríxidas, nada máis lonxe da miña intención e nada máis que dicir pola miña banda. É evidente que eu non considero que alterar o código de chuza para permitir o que apuntaba na primeira anotación sexa traición ningunha, de calquera natureza, quizá sexa porque descoñezo os detalles da filosofía 2.0 ou de Chuza! mesmo. A respecto de si faría iso no meu blog, empresa ou partido político é evidente que non, cando menos nos dous primeiros lugares, porque, como sabes, eu non son de ningún partido político ;-)
Descoñezo se o debate prosegue ou se pecha. En calquera caso, se xa está pechado, quen debe borrar o apartado en cuestión da wiki?
--Calidonia 10:37, 19 Setembro 2006 (UTC)
O debate debe proseguir. Pola tarde amplio as miñas consideracións sobre este tema, tentarei ser menos ríxido nas expresións ainda que si o seguiran sendo os meus argumentos, pero por moi ríxidos que sexan non teñen porque os válidos, para eso está a wiki.
--Berto 08:46, 19 Setembro 2006 (UTC)
A raíz dun contraste con outra xente clarifiquei e ampliei un pouco a idea nesta miña entrada do blogue: http://calidonia.blogaliza.org/2006/09/22/campana-normalizadora-e-tradutores-automaticos/
--Calidonia 13:09, 22 Setembro 2006 (UTC)
Despois de ler as vosas posturas e comentarios, vou expresar a minha opinión, eu concordo con Calidonia na necesidade de desenvolver algun novo xeito pra permitir a lectura das novas chuzadas en castelán en galego. Gustame moito a ideia de incorporar un botón que permita a lectura das novas en galego. Algúns dias en Chuza! unha maioria das chuzadas van en castelán polo que cando visito as novas estou de novo lendo en castelán na súa maior parte.
Se Chuza! incorporase un boton no formulario de enviar nova onde a xente marque a lingua da nova chuzada, sería doado facer que pras novas chuzadas en casrelán aparecese un pequeno "icono" que permitise a traduzón automática da nova pasando por un dos tradutores existentes (Dimensiona ou Universidade de Vigo)
Chuza! pode axudar a incrementar sustancialmente o número de páxinas lidas en galego por día na Rede. Ademáis de favorecer a navegacion aos internautas brasileiros e portugueses que non comprenden castelán.
--Kiko das Leiras 14:18, 22 Setembro 2006 (UTC)
Eu penso que estaría ben que na mesma páxina onde teñas que elixir o título da chuzada, os tags, a categoría, etc. tamén houbese un apartado onde poidas elixir se queres traducir a páxina ao galego (sempre que a nova orixinal sexa en castelán ou noutro idioma que se poida traducir ao galego). Se o usuario marca esa opción, a efecto de estatísticas e visualmente a nova chuzada é a orixinal, pero na ligazón aparecería a nova traducida.
Deste xeito non penso que sexa unha extralimitación xa que o usuario é quen decide se traducir a nova orixinal, Chuza! o único que fai é axuda-lo evitando que o usuario escriba o http://sil.vigo... ou http://22... e ademáis evitase que se fastidie a entropía.
--IaRRoVaWo 14:23, 22 Setembro 2006 (UTC)

