Discusion:Chuza-etiqueta
Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.
Edición de titulares
Ultimamente algúns usuarios especiais están a aproveitar o seu poder de editar as chuzadas dos demais para cambiárenlles os titulares. Penso que isto non se debe facer nunca sen o consentimento -ou petición expresa- do autor, agás casos de titulares escritos en maiúsculas, quizais. Se alguén detecta faltas ortográficas ou gralhas, pode deixar un comentario e, no caso de que o autor consinta facer cambios, que algún usuario con superpoderes a modifique do xeito solicitado. Tamén me resulta bastante desagradábel ver como aparecen etiquetiñas engadidas do tipo de [SPAM], [DUPLICADA], [AUTOBOMBO], [FALSA] ou calquera outra cousa. Acho que estes cambios tampouco son aceptábeis, pois por algo existen os avisos automáticos cando os usuarios de chuza -a comunidade, e non unha persoa que pretenda modificar a vontade da xente con menos iniciativa á hora de chuzar- decidan valorar negativamente unha chuzada. --Modesto 21:41, 27 Julho 2007 (UTC)
Os titulares non rematan nunca cun punto. --Modesto 16:00, 15 Decembro 2007 (UTC)
Autobombo
Se consideras que a historia que publicas na túa bitácora é relevante... porqué agardar a que o chuze outro? Dorfun
Acho dificil marcar os limites. Se alguem envia um texto, anotaçom ou conteúdo seu automágicamente é tratado de autobombo, o síndrome de "gatillo fácil" do que eu também som doente. Penso que devera fazer-se só com gente de pouca entropia, ao cabo, se alguem envia algo escrito por el mesmo pode ser igualmente interessante para a comunidade, mas esse presunto interesse esvaece ao ver que alguem o marcou como autobombo. (aranha)
- Casos historicos de Autobombo:
http://chuza.org/?search=valminor Nesta ligazón podense mirar diferentes chuzadas de Valminor ao seu web. Isto pasou porque Valminor era a fonte de información pra toda Galiza e do Estado Espanhol. Practicamente relatou os feitos a tempo real dende a sua web e chuzando compartia esta información coa comunidade.
http://chuza.org/?search=aduaneiros Nesta ligazón mirase como o pai fundador fai autobombo e non recibe as chuzadas negativas da comunidade
http://chuza.org/historia/tourino-non-sabe-o-himno/ Ista chuzada acadou 67 votos positivos e un só negativo
O "autobombo" non é unha ciencia exacta ;)
Estou dacordo con aranha e con Dorfun. Primeiro hai que fixarse se a ligazón que envia un chuceiro é boa e interesante porque un pode enviar unha nova feita por el mesmo pero ser interesante para toda a comunidade e non por iso é autobombo. Eu mesmo fixen 6 (1, 2, 3, 4, 5, 6) chuzadas do meu blog e só dúas recibiron votos negativos (1 voto negativo para unha e 2 votos negativos para a outra), das cales unha foi publicada. Se chuzo do meu weblog é porque considero que o que chuzo é interesante e a fonte orixinal non existe en internet ou para facer o blog consultei diversas fontes orixinais. Polo que considero que o gatillo fácil que di aranha ten que deixarse a un lado e comprobar se é en realidade autobombo, non senso de fácerse publicidade a un mesmo. --IaRRoVaWo 16:14, 31 Agosto 2006 (UTC)
Coido que nom se pode ser ortodoxo neste tema. Eu admito que mais dumha vez marquei como autobombo novas que (de jeito literal) eram tal, pero que a mim me interessavam. Agora que o penso melhor sendo um pouco laxos coa definiçom a comunidade pode ganhar mais conteúdos e informaçom. Porém há usuarios que empregam (ou empregarom) chuza! como um jeito de promocionar o seu blog sistemáticamente, e para isso serve a ferramenta de autobombo. Depois está o tema das versons de páginas ou informaçons em outras linguas, nas que um usuario fai umha versom em galego-português. P.e. o usuario ruipmartins ligou algumha que outra vez ao seu blog na nova, e foi votado/botado como autobombo e agora liga a nova original e pom no corpo a versom na sua página. Isso parece-me umha praxe mui boa... Fer
O autobombo é negativo pra chuza e a comunidade. Pérdese credibilidade e créase unha sensación de mafia endogámica. Os usuarios máis activos da comunidade debemos fuxir de facer autobombo negarnos a participar na obscena exhibición de desvergonza que algún fai. O autobombo debe estar penalizado e os seus usuarios deben ser conscientes que isa publicidade propria pódese considerar spam. Se a nova é boa non necesita pulo nen asideiros pra facerse camiño e chegar a máis usuarios. Hai casos de nova perfectamente interesantes que NON chegaron a portada pero si acadaron repercusión Internet pode ser un medio informativo alternativo. Un sitio onde calquera pode aportar aos demáis e nos que todos podemos compartir información. Non ao autobombo Nemigo
Os autobombos "tolerábeis" son os que recollen unha información que só se pode atopar nesa fonte. Pero a meirande parte dos que aparecen en Chuza! son links a comentarios en blogs cando existen fontes primarias ás que eses mesmos blogs fan referencia. Secundo a proposta de Fer relacionada coa práctica de ruipmartins. Tamén creo que Berto debería completar este apartado de chuza-etiqueta con instrucións sobre as prácticas que fan que pete algún apartado de chuza, como as aspas nos titulares. --lourixe 21:06, 8 Janeiro 2008 (UTC)

