Discusion:17 de Maio

Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.

Contido

Lugar

Para que a cousa non se desmande e poidamos tomar unha decisión rápida (este asunto debería estar finiquitado nunha semana) as propostas deben estar compostas polo nome da cidade/vila/aldea máis o nome do establecemento onde cear.

Cousas a ter en conta:

  • A cidade/vila/aldea debe estar ben comunidada, sempre hai xente que se achega e marcha en transporte público.
  • O allnightlong é un deporte ao que non podemos renunciar.


Prazos e tal

O primeiro de maio (01/05/2008) é o último día para presentar propostas.

O sete de maio (07/05/2008) é o último día para apoiar propostas. A que teña máis acollida, será.

Propostas

Proposta de Spav

É un chisco endo-localista. Ocorréuseme vendo que tan magnas datas e reunións xuntáranse neste día. Aquí vai a miña proposta: (PLAN, Plan de Lecer ArousáN). En resumidas contas Churrascada + Festival do Norte. Paso a detallar...

Xantar/Cear

¿Xantar ou cear?, dependería dese gran deporte galego, a sobremesa, dos horarios do festival e do que se decida no cónclave secreto de Chuzeiros Numerarios. O lugar proposto ten un nome apetecible

  • O'Churrasco de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa (situádevos).

Allnightlong Festivaleiro

O cartel do Festival do Norte está caralludo, polo menos para un sector chuzeiro é innegable. Co que o allnightlong veríase levemente modificado por un allfestivallong, é dicir, sair do xantar/cea e tirar cara o festival. Máis info do festival na web oficial.

A entrada ó festival son 18€ en taquilla para todos aqueles que non a comprarades antes e 15€ anticipada, e non ser roñicas, non é tanta panojada de diñeiro ;-)

Comunicacións

Vilagarcía está ben comunicada, queixámonos por aquelo de quen non chora non mama...:

  • Por tren. Eixo Vigo-Coruña con R-598 a versión galega do tren bala.
  • Por estrada. AP-9 Saída en Caldas de Reis e 10 Km. de N-640.
  • Por mar. Sí, é porto de mar :-P
  • Por aire. Estamos traballando niso...

-- Spav 12:33, 28 Abril 2008 (CEST). Por se non quedou claro, sí, son de Vilagarcía de Arousa.

--Ifrit 18:04, 28 Abril 2008 (CEST) A min paréceme unha proposta xenial, mais se a cambiamos para o 18. Inda que vou ir ó FdN o sábado pola mañá traballo :/

Transporte compartido

Se tedes sitio no coche ou non queredes ir sós no tren, faládevos aquí para quedar.

Os que teñen sitio no coche

--Ifrit 18:04, 28 Abril 2008 (CEST) No meu coche sempre hai sitio. Inda queda por decidir onde será e se irei. Eu vou ó FdN pero non volvo ata o domingo 19.

Os que queren compartir viaxe no transporte público

Personal tools