Como funciona o karma?

Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.

(Este documento ven de aquí: http://meneame.wikispaces.com/Karma)

Contido

Principios básicos

Aumenta o karma:

  • Votos positivos às tuas notícias enviadas.
  • Votos positivos às notícias publicadas, sempre que o voto for realizado antes da publicaçom da noticia.
  • Votos negativos às notícias refugadas, sempre que o voto for realizado na primeira hora seguinte ao envío da notícia.

Diminue o karma:

  • Votos negativos às tuas noticias enviadas.
  • Votos positivos às noticias que nom forom publicadas, a partires das 24 horas do voto.
  • Votos negativos à noticias que nom forom refugadas, a partires das 6 horas do voto e até passadas 30 horas.
  • Levar 5 dias sem votar alomenos 4 noticias

Nom afecta ao karma:

  • Votos positivos a noticias que xa foron publicadas.
  • Votos negativos a noticias refugadas se estes se realizaron antes de pasar unha hora desde o envío da noticia.

Funcionamento

Funcionamento do cálculo do karma

O karma é un valor que vai do 1 ó 20, sendo 6 o que adquire un usuario ó rexistrarse no sistema.

O cálculo do karma calcúlase coa actividade realizada no sistema nos 5 días anteriores á execución do proceso que fai o calculo, cualquera voto anterior non incide no mesmo.

Si non se votou alomenos 4 noticias nos últimos 5 días é bastante probable que se perda karma, pero en ningún caso subirá, polo que é necesario facer un mínimo de 4 votos para tentar subir o teu karma.

O novo karma e a combinación de tres elementos:

Votos recibidos sobre as túas noticias. Os votos positivos sobre as túas noticias aumentan o valor e os negativos diminúen.

  • Votos positivos emitidos.

Os votos positivos sobre noticias publicadas aumentan este valor sempre e cando realizases o voto antes da publicación da noticia. Votar positivo despois da publicación non afecta ó karma. Os votos positivos sobre noticias xa publicadas diminúe o valor do karma, pero moito menos que no caso anterior. Só se contabilizan estos votos a partires das 24 horas de facelos.

  • Votos negativos emitidos.

Os votos negativos sobre noticias que foron descartadas aumenta este valor sempre e cando realizases o voto á hora seguinte do envío da noticia. Votar negativo unha hora despois do envío dunha noticia que vaia ser descartada non afecta ó karma. Para este último caso, só se teñen en conta os votos feitos entre as 6 e as 30 horas despois de enviarse a noticia, para dar tempo a que se descarte a noticia e que só penalice durante un período de 24 horas.

A suma destes tres elementos úsase para calcular o novo karma.

Novo karma

  • Si este novo karma é maior que o que tiñas, consérvase o 80% do actual e súmaselle un 20% do novo karma.
  • Si este novo karma é menor que o que tiñas, consérvase o 95% e súmaselle un 5% do novo karma.

As fórmulas

Si non se chuzaron 4 noticias nos últimos 5 días

O novo valor é o mínimo entre 6 e o teu karma actual. Se xa tiñas 6 ou menos de 6 quedas como estabas, pero se tiñas máis desa cifra conservas o 95% do teu karma actual e súmase un 5% de 6, é dicir 0.3.

Polo que se o teu karma é maior que 6 queradaría así: karma actual = 95% de karma antigo + 0.3.

Si se fixeron alomenos 4 chuzadas nos últimos 5 días

Chuzadas positivas sobre as túas noticias

( Puntos * (Chuzadas positivas recibidas / Chuzadas positivas máximo ) ) - ( Puntos * (Chuzadas negativas recibidas / Chuzadas positivas máximo ) * 3 )

Sendo os puntos = 20 e chuzadas positivas máximas a maior suma de chuzadas que recibiron toda-las noticias dun só autor nos últimos 5 días.

Desta fórmula sacamos que as chuzadas negativas penalizan moito máis (*3).

Chuzadas positivas emitidas

( Puntos * ( Chuzadas positivas emitidas publicadas / Chuzadas positivas emitidas máximo ) ) - ( Puntos * ( Chuzadas positivas emitidas non publicadas / Chuzadas positivas non publicadas máximo) / 5 )


Chuzadas positivas emitidas sobre noticias publicadas

As chuzadas positivas sobre noticias xa publicadas sempre e cando a chuzada fose antes da fecha de publicación.

Chuzadas positivas emitidas sobre noticias non publicadas

As chuzadas positivas sobre noticias que non foron publicadas, contando só coas chuzadas producidas fai máis de 24 horas. Desta maneira, déixase un día para que a noticia sexa publicada e non penalice nos que a chuzaron.

Chuzadas positivas emitidas máximas

A maior suma de chuzadas que recibiron todas as noticias publicadas dun só autor, sempre e cando estas chuzadas emitíranse antes de que publicarse a noticia.

Chuzadas positivas emitidas máximas sobre noticias non publicadas

A maior suma de chuzadas positivas que se recibiron de todas as noticias non publicadas dun só autor, sempre e cando estas chuzadas realizáranse 24h antes ou máis.

Neste caso as chuzadas positivas sobre noticias non publicadas inflúen menos (debido ó /5) que as chuzadas positivas sobre noticias publicadas.

Chuzadas negativas emitidas

Puntos descarte * ( Chuzadas negativas de noticias descartadas - Chuzadas negativas de noticias non descartadas )

Sendo puntos de descarte = 0.25

Chuzadas negativas sobre noticias descartadas

As chuzadas negativas sobre noticias descartadas sempre e cando ese voto realizárase unha hora despois do envío da noticia.

Chuzadas negativas sobre noticias non descartadas

Chuzadas negativas sobre noticias non descartadas (que inda non foron descartadas) Só contan as chuzadas relizadas fai máis de 6 horas e menos de 30.

Esta é a fórmula que máis penaliza a chuzada negativa no caso de que a noticia non chegue a descartarse.

Resultado final

Novo valor karma = Chuzadas recibidas sobre as túas noticias + Chuzadas positivas emitidas+ Chuzadas negativas emitidas

Si o novo valor do karma é maior que o valor que tiñas:

Karma actual = 80% karma antigo + 20% Novo valor do karma

Si o novo valor do karma é menor que o valor que tiñas:

Karma actual = 95% Karma antigo + 5% Novo valor karma

Desta maneira dáselle máis valor ás subidas que ás baixadas.


Usuarios especiais

Agora mesmo existen dous usuarios no Chuza, o usuarios normal e o especial.

O usuario normal é todo aquel recén rexistrado en Chuza, que entra cun karma de 6. Cando este usuario chega a 18 convírtese nun usuario especial coa facultade de editar noticias. Sendo usuario especial non se perde ese estado ata que se baixa de 16 (si, 16) puntos de karma.



Volver ao índice de axuda de chuza!

Personal tools