Como chuzar
Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.
Chuzar é o nome que escollemos para darlle importancia a unha historia cun voto. Isto faise clicando debaixo do número de votos (chuzadas) que hai na parte esquerda de cada historia. Chuzar = Votar. Cando unha historia pode ser chuzada por ti ten un cadro gris debaixo do seu número de votos co texto "chúzao". Premendo aí daraslle un voto a esa historia. O sistema garda a dirección IP do equipo dende onde chuzaches e non deixa facelo outra vez dende esa IP. Se estás nunha rede local con varios equipos como un aula, cíber, oficina... sentímolo moito.
Non é necesario estar rexistrado como usuario/a de Chuza! para votar, pero os votos de usuario son máis valiosos que os anónimos de cara a que esa nova pase á paxina principal ou non.
Por outra banda, a palabra "Chuzar" estase amosando moi polisémica dentro da comunidade chuzeira. O Dicionário do Fedello dá esta definición:
Chuzar: Palabra con infinitas acepcións, entre elas destácanse: o feito de enviar unha noticia a chuza; o acto de votar unha noticia chuzada previamente; facer login en chuza.

