Chuzarrascada Nacional 2008
Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.
Como é tradición, chuceiros, chuceiras, membras, membros, simpatizantes e achegados de todas as idades reúnense o día 25 de Xullo arredor dun prato de polvo, churrasco graxento, viño do que mancha os dentes e algo de licor café. Se es vexetariano, vegano ou dalgunha outra desas castes que traicionan á carne de porco con leituga, atoparás deliciosas alternativas que agora non se me ocurren, pero que ten que haber.
Contido |
Día
25 de Xullo
Lugar
Carballeira de San Lourenzo, Santiago de Compostela
Hora
Todo o santo día
Puntos de encontro
12:45 María Castanha, Rúa da Raiña nº 19 [os que estiveron alí na I edición puideron tomar brownie case sen medida e na II deliciosas bolachas con chocolate (ñam, ñam)]
14:00 A carón das Marías na Alameda
14:30 Nalgunha pulpeira pola carballeira adiante (nas edicións I e II foi en 'Pulpería Pardo')
Recomendacións
Antes
- Faite co número de teléfono dalgún dos asistentes.
Durante
- Os váteres da carballeira van estar noxentos, sen papel hixiénico e cun dedo de auga no chan. A solución: panos de papel e zapato pechado.
- Coidado coas fotos, moitas persoas non queren ver publicadas imaxes comprometidas. Dispara con sentidiño.
- Se fumas, o tabaco soe escasear contra as cinco da tarde e no camión dos xeados (o único sitio da carballeira onde se vende) pode que non teñan a túa marca. Leva abondo de fumar ou asume que lle vas meter moitos luquis.
Despois
- Facerse cun carro de Almax
- Durmir
- Beber moita auga
- Pregar para que esa sensación no estómago sexa temporal
Actividades
- Foto coas autoridades
- Festival de canción popular
- Debates
- Recollida de mostras
- Rolda de Churrasco no nome de Partisano ([1])
Varios
Estaremos preto do Festigal 2008. Estas son as actividades ás que a Comisión lle da unha estrela Chuza!:
Concertos
- Victor Aneiros Band
- Quempallou.
- Pablo Milanés. ¿Non se retirara xa?
- Berrogüetto. Anxo Pintos está moi cachondo de nuestro señor...
Software Libre
Mancomún e o seu están. Premio para o primeiro que tope a Goretoxo pululando por aquí.
Letras
A destacar:
- 17:15: Presentación da edición en galego de "O segundo sexo" de Simone de Beauvoir na editorial Xerais de Galicia. Clásicos calorros en galego, ñam ñam!.
- 18:45: Presentación do libro Os Grouchos de Manuel Rivas con Manuel Bragado. As adolescentes e fans seguen á espera de saber se irá Martinho :->
Cultura Tradicional
- 18:30h: Exhibición de Loita Galega. WTF??!!
Asisten
--Ascarida 12:42, 9 Julho 2008 (CEST)
--Spav 13:03, 9 Xullo 2008 (ZULU)
--ghanito 18:20, 9 Xullo 2008 (no reloxo do concello) [irei co coche valeiro desde O Grove]
--Dorfun 20:40, 9 Xullo 2008 (agora) [e fago de taxista para quen precise transporte dende Ferroliño ou La Coru]
--fer 19:20, 10 Julho 2008 (Relojo quântico de peto)
--Xorna 22:31, 12 Julho 2008
--O'Xirarei 00:28, 11 Xullo 2008 (reloxo da parte oriental da Berenguela)
--Modesto 16:26, 11 Julho 2008 (CEST) (loita galega contra mafia junior)
--Ifrit 21:42, 17 Julho 2008 (CEST) (polo reloxo astronómico de Praga)
--Sak 00:59, 18 Julho 2008 (CEST) (Fago "chaves" de loita galega á chuceira que mo pida ;)
--Berto 15:34, 22 Julho 2008 (CEST)
--MdeF 19:32, 22 July 2008 (PEST) (Cada día somos más)
--Peeler 20:15, 22 Julho 2008 (GMT) (Sou preto e careco, mas tangalhego...)
--opaco 00:09, 25 Julho 2008 (CEST) (levo papel :)
Nom assistirá Carvalhedo. http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=6&id=1300
Edicións anteriores
1º Gran Encontro de Chuza! (Chuzarrascada I)
Crónica da Chuzarrascada I en Apocalipse do Porco
Crónica da Chuzarrascada II en Apocalipse do Porco
Actuacións estelares na Chuzarrascada II
Alternativa
Pra os sobranceiros vense de organizar unha xuntanza alternativa, non corporativista-endogámica Causa Galiza

