Chuza Wiki:Páxina de discusión
Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.
Existen dous tipos de páxinas de discusión:
- a páxina de discusión de cada artigo, na que se tratan temas relevantes só para ese artigo e que convén ler antes de mudar cousas no artigo.
- a páxina de discusión de cada usuario, que se pode empregar para comunicarse co usuario e deixarlle mensaxes.
Se ainda non se iniciou ningunha discusión sobre unha páxina, a ligazón de discusión aparecerá en vermello.
[editar]
Como se usan as páxinas de discusión
Tódalas contribucións a unha discusión deben ir asinadas. Os usuarios rexistrados poden facelo escribindo tres ou catro tis:
- (~~~ = O teu nome de usuario)
- (~~~~ = O teu nome de usuario hora:minutos, día mes ano (UTC)).
Para facilitar o seguimento e unha lectura doada convén seguir os seguintes puntos:
- Non se editan os comentarios dos usuarios anteriores
- Sempre se escribe na parte inferior da páxina ou na da sección que queiras comentar, non antes. Asúmese que a orde cronolóxica da páxina vai de arriba a abaixo. Non comeces unha sección nova na parte superior da páxina.
- Comeza unha sección nova para tratar un tema novo, intenta non sairte do tema (offtopic) xa que se perde o fío da conversa. Tampouco inicies unha sección nova se xa existe ou se ese tema xa está sendo tratado noutra sección, convén non fragmentar a discusión.
- Cando respostes a un comentario anterior podes facelo colocando dos puntos (":") antes da túa aportación. Cada dous puntos representa un salto de tabulador. Un exemplo podería ser este:
|
Que tal o artigo? --[[Fulanito]] |
O resultaro sería:
|
Que tal o artigo? --Fulanito
Creo que habería que correxir tal e cual... --Perengana
|
- Non alimentes o troll

