Chuza Pro Geek

Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.

Contido

Bases

Cito textualmente das FAQ de Chuza: Por que? para que (Chuza)? Proporcionar un sistema para que a crecente comunidade galega de internet poida elixir cales son as novas interesantes e cales non, así como ter un punto de referencia para atopar novidades, noticias e historias en xeral. Disto pódese deducir, sen darlle moitas voltas, que Chuza é (ou pretende ser) un sistema democrático (lástima que despois dos gregos perdese todo senso) no que cada quén, envía o que lle peta, sempre dentro duns límites, claro.

Motivacións

Pois ben, a miña motivación é clara e sinxela, eu, e moitos de vos seguro que tamén, engancheime a Chuza porque era (é?) un sitio no que realmente se aglutinaba todo tipo de información, política (sempre está ben!), protesta social (como non), activismo ecolóxico, humor (iso sempre!), sucesos máis ou menos rariños, pero, a mín, sobre todo, achegábame iso que dan en chamar *cultura da web* pasado polo lente da comunidade galega; é por isto que estou seguro de que os primeiros andares de Chuza foron sinxelamente sorprendentes, dubido moito que ningún tipo de web deste estilo (a parte do monstro Digg) poida presumir de tal pluralidade e variedade de contidos como pode (podía) Chuza.

Moitos de vos darédesvos conta de que isto xá non é así, e non me refiro ao mal rollito votando...iso é fariña doutro costal.

Proposta

É por todo isto polo que (para min) compre que a comunidade se dé conta de que é necesario un back to the roots.

Ei!, tranquilos, que eu non vos estou a decer qué é o que tedes que chuzar, nin moito menos!. Con isto quero facer un chamamento a quen o queira ver ou, máis ben, a esa parte da comunidade que sí ten conciencia de comunidade e de que isto está para transmitir información e de que funciona se esta é variada.

Se ainda non vos destes conta, parádevos a mirar un pouco a portada de Chuza, e veredes que a variedade temática é moito menor que hai, por exemplo, un ano ;)

Desde aquí quero facer un chamamento á volta desa Chuza Pro-Geek, de información variada, de contidos relacionados ca web, co ciberespazo, en fin, con ese mundo filo-informático, que gostaba dunha ampla variedade (sen deixar de lado a calidade) de información.

Apéndice

Con isto non pretendo máis que remover algunha conciencia que cre estar removida.

Cando alguén ten un único tema, só sabe falar dese tema, e despreza calquera outra temática convírtese nun borrego.

Sen acritude ;)

Asinado

Spav Ás 9 mais ou menos do 1 de Outubro de 2007

--Fer 13:43, 2 Outubro 2007 (UTC)

--Modesto 13:58, 2 Outubro 2007 (UTC) Superafavor

--Berto 14:28, 2 Outubro 2007 (UTC)

--Ghanito 21:46, 21 Outubro 2007 (UTC) Despois de escoitar as CHN

--Cesare 19:55, 21 Outubro 2007 (UTC)

--Sak 22:07, 21 Outubro 2007 (UTC)

--Ifrit 12:21, 22 Outubro 2007 (UTC) (por un back to the roots)

--Ascarida 19:19, 25 Outubro 2007 (UTC)

Néganse a asinar

Nemigo en Málaga ás 22:30 do 22 de outubro de 2008

Os abaixo asinantes somos conscientes de que Chuza! NUNCA tivo roots Tódolos usuarios somos iguais, o karma (imperfecto sistema) é o único método de valorar as aportacións dos usuarios que democráticamente estamos en Chuza!

--Nemigo 22:30, 22 de outubro 2007 Pola igualdade, democracia e transparencia

--Maceirax 16:51, 18 Novembro 2007 (UTC) Nemigo, mira que rallas. Eu non asino porque existe isto ]

Personal tools