Chuza Diccionario do fedello
Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.
Máis sobre o fedello: Frases | Diccionario
O fedello é o espazo de charla interna de chuza, deses intensos debates, faladoiros van saindo palabras e conceptos que necesitan definición, aqui están:
Contido |
[editar]
A
- Adolescente: Menor de 25 anos
- AFDC: Acrónimo de A Fume De Carozo, polo inghlés ASAP.
- Ascaridato: Interregno no vrão do 2006 no que a usuario ascarida, lider dos Ortodoxos, tomou o poder co beneplácito de Berto. A época compara-se nos livros de Historia com "La Terreur" na Revoluçom Francesa.
- Alema: Humano modificado geneticamente para ser quem de compreender todos os dialectos do castelhano sem dificuldade nengumha.
[editar]
B
- BDSM: Actividade na que deriva toda conversa no fedello a medida que avanza a noite. O significado exacto do acrónimo está suxeito a debate.
- bífido: membro, partisano ou afín da asociación nacionalista española "Galicia Bilingüe" que promove o monolingüismo en castelán.
[editar]
C
- CAG: (lido "cagá") Outra forma de referirse a Galicia / Galiza.
- CAPB: Acrónimo de Cala A Puta Boca, polo Inghlés STFU. Usar con coidado ou con cariño, sengún as confianzas.
- chof: Ruido que fai o aparato xenital feminino provocado pola humidade da excitación ao ver guarrerias na pantalla do ordenador (homes: ver poc).
- Chucificar: Ver chuzar.
- Chuvia Dourada, Mafia da : floods de votos negativos
- chuza-moza/o: Relación especial entre 2 personas establecida no fedello.
- Chuzabús: Furgalla que percorre a xeografía galega levando felicidade ás rapaciñas novas.
- Chuzar: Palabra con infinitas acepcións, entre elas destácanse: o feito de enviar unha noticia a chuza, o acto de vota unha noticia chuzada previamente, facer login en chuza.
- Chuzroll: Troll endémico de Chuza, repoludo e ben mantido. Exemplo: "GalegoSenFronteiras". (chuza feed the troll!).
- Cleoqueen: Novo réxime ecrám por designio dixital. A escote vella next generation
- Cona: Genitais femininos.
[editar]
D
- Dildo: Anglicismo recomendável para o termo patriarcal, denigrante, e feucho de "Consolador".
- Descomer: defecar, cagar.
- Desbeber: urinar, mexar.
[editar]
E
- Elucubración: Razonamento que non seguiu os procesos convencionais e con certo componente escuro ou inquedante. Ao se desenvolver na rede, a meirande parte nunca abandona o mundo das ideas.
- ENCED: Eu Non Che Entendo Disto, polo inghlés IANAL / IANAE / IANAT / etc. Normalmente usado como punto final; non confundir con NSUEP, que é punto inicial.
- Endogamia: Enfermidade propia do Blogomillo e o fedello.
- EPQ: Eu penso que..., polo inghlés IMHO.
- ERDF: Acrónimo de El Rollo Del Follar.
- Escoxar: Neoloxismo galego, nado da combinación dos verbos espreitar, acosar e asexar, para ter un xeito máis noso de referirnos á nobre arte do stalking, en especial na súa vertente internáutica.
- Estar que non se ten un dos papos: expresión que indica esgotamento supremo
- Estroselar: Dialectismo localizado nos arredores da casa natal do usuario Xugo, na mariña lucense, que topándose coas súas facultades mentais intactas, afirma con rotundidade que se trata da acción de golpear(se). Escoñarse, esnafrarse e mesmo estamparse poden usarse coma sinónimos, inda que contan con menor carga dramática.
[editar]
G
- Gatocán/a: persoa que persiste no que fai sen que iso implique ningún beneficio para a sociedade ou ecosistema no que se atope.
- Gatuno/a: (tomado do dicionario chanante) Persoa de maneiras elegantes pero un pouquiño perversas.
- Ghanoso/a: Que anda á procura de achegamento ou sexo.
- Ghinhoso/a: Aparencia pouco apetecible ou de nula confianza. Condición de miseria. Trouxen xoubas porque os rapantes tinhan un aspecto ghinhoso. Aparesceu na festa cunha saia ben ghinhosa.
- Gonito: Bonito.
[editar]
H
- Hande Bol: Expresión chiquitistaní de contrariedade, aburrimento ou desconcerto ante un debate sobre cuestións lingüísticas. Pronúnciese ghande bol.
- Hari: (pronúnciese có h aspirado) Enfrontamento. Situación excepcional que xurde por algún tipo de reacción ou resposta. Tamén fai referencia a un concerto ou representación escénica na que a enerxia ou mala ostia é parte esencial. Chegou droghado ás catro da tarde do Domingo e os pais montáronlle un hari. Fún mirar un hari dos Iron Maiden.
[editar]
I
- Indigante: accinó que produce nu sentimneto de cólera cotnra uhna persoa ou os seus actos.
[editar]
L
- Lei de Berto: Lei enunciada por berto no fedello: 'A medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 1'
- Lei de Fer: Lei enunciada por fer em chuza : 'Sempre que umha conversa na rede galega discute sobre o significado ou forma dumha palavra as possibilidade de que alguem afirme "A minha "abuela" dicia assim" ou "Na minha aldeia de toda a vida é..." achega-se à 1'
Como todo o mundo sabe a palabra ecràm é a excepción
- LOFM: Lé O Fodido Manual, exhortación benintencionada ó humanismo. Polo inghlés RTFM.
- Lurker: Persoa que lee o fedello pero nunca participa na conversa. Agárdase, que co tempo, se integre na comunidade como membro activo. Voyeurs.
[editar]
M
- Madurito/a: Persoa maior de 25 anos.
- Marmanjos de plantão: O termo marmanjo significa, originalmente, um homem bruto, grande. Popularmente, porém, marmanjo significa homem adulto. "Marmanjos de plantão" se refere aos homens adultos que se reunem para perder seu tempo em torno de algo - geralmente, mulheres.
- Meteochuza!: aproveitamento da disparidade de procedencias dos usuarios de Chuza! para informar do tempo de numerosas localidades da Galiza.
- Mourullo: software de intelixencia artificial desenvolvido por berto para animar o fedello e tres ou catro blogs.
[editar]
N
- NSUEP: Acrónimo de Non Son Un Experto, Pero..., polo inghlés IANAL / IANAT / etc. Normalmente usado como preludio dalgunha opinión altamente perigosa sobre o tema en cuestión. Ver tamén ENCED.
- NMNT: Acrónimo de Non mirar no traballo, usado para marcar historias cuxa url pode causar impresión se te pillan véndoa no traballo ou en calquera sitio público.
- NAZIutadans: certo grupúsculo que seique ten tres escanos no parlamento da Cataluña administrativa.
[editar]
O
- Odemocracia: Periodo de governo utópico na Pascoa de 2007 no que o usuario fer encamiñou os destinos dos chuceiros cara o paraiso electrónico e o reintegracionismo
[editar]
P
- PCT: Apócope de Por CerTo, polo inghlés BTW.
- PDM: Plan de Dominación Mundial.
- Perro/a de la guerra: similar a gatocán coa diferenza de que o que fai repercute positivamente na sociedade ou ecosistema no que se atope.
- Perfil técnico: Dise de calquera cualidade que se ten ou non se ten.
- Pato-can: Ver Gatocán.
- POC: Acrónimo de Partindo O Cú, polo inglés LOL. Enténdase, que un está a rir moito (non confundir cas hemorroides ou co BDSM).
- poc: Ruido que fai o aparato xenital masculino ao golpear a parte de abaixo da mesa nunha erección repentina ao ver guarrerias na pantalla do ordenador (mulleres: ver chof).
- Primeira Lei do Fedello: Internet is for porn.
- prts: peido de aranha.
[editar]
R
- RAECÚ: Acrónimo de Rindo Ata Escacha-Lo CÚ, do inghlés LMAO.
[editar]
S
- Segunda Lei do Fedello: Véxase a Primeira Lei do Fedello.
- Síndrome de Kiko: Impressom que lhe causa a um usuário/a entrar no Fedelho e ver o seu nome nos posts (ver: frases memoráveis, 23/08/06). Tamén coñecido coma Síndrome KdL
- Staff de Chuza: Véxase 'Mafia do Fedelho'
[editar]
T
- TPQM: acrónimo de Trémenme as Pernas porque Quero Mexar. Dise da doenza na que o enfermo (xeralmente é varón) cruxa as pernas e comézanlle a tremer porque sinte a urxente necesidade de ir ao baño, pero está enganchado no Fedello. Xeralmente soluciónase cunha visita urxente (e pracenteira) ao excusado.
- Troll: persoa que deixa mensaxes coa única intención de iniciar un flame ou cabrear a alguén.
- TSNR: acrónimo de Tensión Sexual Non Resolta. 1) Dise do ambiente que se respira no fedello durante a faixa horaria en que se enche de oromonas e se envisga de substancias inconfesábeis. 2) Efecto de meterse un chuce! 3) Fig. tocarse sensuar nesa r... Palla mental (resumindo)
- Tanga: asociación española para o exterminio do galego. Individuo/a pertencente a esa asociación residual.
[editar]
V
- V0,: Metatexto por Volvo en cero coma [...poucos segundos, enténdese]. Ollo, non confundi-lo 0 (cero) por O (letra o), nen esquence-la vírgula (,) do remate. Polo inghlés BRB.
- VOCEM: Acrónimo de Vai Ó Carallo E Morre, do inghlés FYAD. Serve, mais que nada, pra despistar ós legos.
- VMLM: Acrónimo de Vánseche Move-Los Marcos, polo inghlés YMMV. Usado pra indicar que os resultados obtidos polo lector non teñen por qué coincidir cos obtidos polo escritor («Pois a min sáenme trinta ferrados máis...»).

