Como buscar
Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.
Esta é unha pequena guía de como facer búsquedas por palabras en chuza:
O sistema buscará as palabras que introduzas no campo de búsqueda no titulo, corpo, tags e url das historias.
Para facer búsquedas de máis de unha palabra podes filtrar os resultados usando estes operadores:
cultura galega
Atopará historias que conteñan ao menos unha das duas palabras. (probar)
+cultura +galega
Atopará historias que conteñan obrigatoriamente as duas palabras. (probar)
+cultura -galega
Atopará historias que conteñan a palabra cultura pero non galega. (probar)
gal*
Atopará historias que conteñan palabras que comecen por gal: “galego”, "galiza” ou “galaxia”. (probar)
"cultura galega"
Atopará historias que conteñan exactamente a frase entre aspas. (probar)
NOTA: lembrade que chuza! está en beta (porque lle peta) e poden atoparse resultados ou funcionamentos extraños tanto nas búsquedas como realizando calquera outra operación :)

