Chuza-etiqueta
Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.
Este artigo ou algunha das súas seccións estan suxeitas a debate para determinar a súa validez. Por favor, consulta a páxina de discusión para ver o estado.
Esta páxina pretende recopilar as prácticas habituais na comunidade chuza sobre como enviar historias, comentar, chuzar, en fin, convivir dentro da comunidade. Non pretende ser unha serie de reglas senon un conxunto de indicacións voluntarias que veñen demostrando ao longo do tempo que facilitan a convivencia endochucista.
Contido |
Que chuzar e como chuzar
Cando envias unha historia o primeiro de que se che avisa é:
Relacionado con Galiza: Procura que as historias teñan algunha relación con Galiza ou sexan de interés pra @s galeg@s.
Vense demostrando que se chuzan mil historias que non teñen que ver con Galiza e a pesar deso pasan a portada e consiguen un bo número de chuzadas. A explicación desto é que esta é unha comunidade ou rede social aberta a moitos temas e realmente todo se pode chuzar como se indica na FAQ, cando formas parte da comunidade durante un tempo verás que as tendencias e gustos son moi variados, de forma que se recomenda esto so como indicación para a xente nova: esta é unha comunidade galega e polo tanto é probable que unha historia interese máis se está enmarcada dentro da sociedade-cultura-economia-politica-... galegas, pero só estadisticamente. Polo tanto, despois de pasar un tempo aquí verás que esta regla podería cambiar por algo parecido a:
Que poida ter interés para a comunidade: Procura que as historias teñan algun interese para a comunidade
Como se sabe isto? Que cousas teñen interese e cales non? ... pois a única forma é visitando o fedello, lendo chuza todos os dias.
Idioma
O idioma oficial de Chuza! é o galego, en calquera unha das súas variantes (NOMIG, AGAL, portugués padrón), pero isto non exclúe outros idiomas razoabelmente intelixíbeis (sobreenténdase: aqueles cos que máis habitualmente estamos en contacto, caso do catalán, do inglés ou do castelán). Algúns exemplos:
Debido ao carácter esencialmente galego desta comunidade (mais aberta ao mundo, como o pobo galego), recoméndase na medida do posíbel titular e describir as informacións en galego. Aínda, se se ten a posibilidade, recoméndase pór ligazóns que estean en galego, mesmo que sexa através de ferramentas de tradución automática.
Relacionado con isto último, Calidonia propuxo unha interesante campaña consistente en ligar/linkar as noticias de «La Voz de Galicia» directamente en galego campaña iniciada por Calidonia. O obxectivo é sumar forza e promover que outras webs empreguen o noso idioma ou ofrezan traduccións en liña dos seus contidos.
Tradutores automáticos
Ainda que cadaquén chuza o que lle da a gana, e así debe ser non é moi recomendable para o sistema chuzar cousas usando tradutores automaticos como opentrad ou similares, xa que:
- Fan dificil a visualización da fonte de donde proceden os contidos.
- Fan que a entropía de chuza baixe e eso é negativo xa que fai que confluan nunha soa fonte moitos links a que realmente son de fontes diferentes.
- Fai que a nube de fontes se desestabilice provocando resultados visuais erróneos.
- Fai que a carga da páxina sexa máis lenta, o que perxudica aos usuários.
Hai unha userbox para esto:
Autobombo
Está mal visto que se chucen historias da tua web/blog/autoría. Porén, se cres que algunha delas pode ser de interese xeral e ves necesario chuzala, coméntao no Fedello ou deixa unha ligazón nun chio e se é interesante será chuzada.
Lembra que no funcionamento ideal de Chuza!, os usuarios envían noticias de webs que lle son alleas (ou sexa, que non son da súa responsabilidade). Se comentaches algo interesante no teu blogue sobre a noticia liga a fonte orixinal e deixa a ligazón ó teu blogue nos comentarios da nova que chuzaches.
SPAM
En termos xerais, o spam é o envío repetido de mensaxes de correo electrónico, en grande cantidade, para distribuir información inútil, propaganda e unha variedade de propostas segundo esquemas tipo "gañe diñeiro fácil". Supón un desperdicio de recursos técnicos e de tempo de atención dos usuarios.
No caso dos sitios webs participativos tamén se chama spam a práctica que consiste en publicitar sitios ou servizos electrónicos de xeito reiterativo, as máis das veces en mensaxes sen ningunha relación co contido no medio do cal se insiren.
Na comunidade chuceira hai un consenso máis ou menos claro sobre o que é o spam (que ás veces se pode confundir co autobombo, pois non sempre está clara a diferenza). Probabelmente quen mellor o definiu] foi o webmáster Berto Yáñez:
[...] detecto que non mandas novas de outro sitio que XXXXX(*), esa pouca variedade de fontes en chuza chamámoslle SPAM polo é moi probable que en breve choveranche negativos e as tuas novas non pasarán á portada[...].
(*) Mudouse o nome da fonte para non facer publicidade.
Titulando as historias
As historias deberian levar títulos descritivos que ofrezan a maior información posíbel nun número pequeno de palabras. Existe o costume de titular exactamente a como o fai a fonte orixinal ou de forma moi similar.
Copiar o titular da fonte enlazada ou non? Pois esto depende da persona, hai xente que chuza obxectivamente: copipasteando completamente a fonte orixinal, e xente que lle gusta facer un pequeno comentario na historia. Ambas das dúas son formas perfectamente válidas, pero en moitas ocasións os titulares orixinais non son suficientemente descritivos ou explicativos, e se a introdución da historia non prundiza neste apartado, fáiselle perder tempo ao usuario para saber que é o que quere dicir o texto chuzado.
Por esta razón, débense evitar titulares do estilo "Precarios máis felices" e pór cousas como "Os 'precarios' galegos están satisfeitos cos primeiros pasos para a mellora da súa situación". Como di o proverbio, 'o bo, se breve, dúas veces bo'; e con isto quérese dicir que son preferíbeis os titulares curtos e concisos, utilizando o menor número de palabras posíbel. Isto cobra maior sentido se atendermos a que en Chuza existe un número limitado de caracteres para o titular (e outro tanto ocorre coa entradiña).
Lembremos a <acronym title="Lei de Propiedade Intelectual">LPI</acronym>, que limita cando non prohibe o emprego de material protexido por copyright. Polo tanto pode ser aconsellable evitar na medida do posible ou cando menos limitar o emprego do cut & paste.
CONSELLO: no titular deberían aparecer o QUE, QUEN, CANDO, COMO, ONDE e POR QUE. De preferencia, como terás pouco espazo, o QUE e QUEN deberían aparecer (claro que depende da noticia, xa que nalgunhas o relevante é o POR QUE ou o COMO). Non é unha regra inmutábel, pero si unha boa pista.
Tanto no título como no corpo da chuzada deberías ter coidado coa ortografía e a sintaxe. E, sobre todo, non escribas todo o titular en MAIÚSCULAS. Este xeito de escribir emprégase para indicar que se está 'berrando'. En calquera caso, non fai que a noticia sobresaia por encima das outras, e quita lexibilidade.
Descricións das historias
As descricións das historias dan, esencialmente, os mesmos problemas que os titulares. Habitualmente, a entradiña ou descrición das historias é un comentario persoal a modo de resumo sobre o contido do texto orixinal. Se a razón pola que foi chuzado é algún parágrafo en especial, ás veces faise un copy&past dese parágrafo ou un resumo do mesmo.
Recoméndase ser obxectivo na información que describa a nova, pero como é unha cousa realmente difícil e en desuso nos tempos que corren, pode ser interesante saber porqué o chuzaches e fomentar os comentarios con algunha opinión persoal.
OLLO! Hai unha práctica moi estendida que consiste en opinar talvez demasiado nas descricións, co que no canto de chuzar o que se fai e postear como se faría nun blogue. Isto é pouco recomendábel, xa que para tal cometido están os comentarios (e se non, para que quereriamos comentarios en Chuza!?).
Sexa como for, non te excedas cos caracteres, que o espazo non é alá moi longo. Intenta ser conciso e responder o QUE, QUEN, COMO, CANDO, ONDE, POR QUE. E se debes prescindir dalgo, que sexa dos detalles superfluos. Vai ao gran; e se a noticia non se entende, explícaa (por iso é unha descrición).
Cando se trata de chuzar informacións xornalísticas, nelas xa adoita estar todo resumido no titular, na entradiña ou no primeiro parágrafo; por esa razón, moitos usuarios e usuarias de Chuza! adoitan reproducir textualmente (c&p) ou resumir esas liñas.
Se queres incluir urls nas descripcións podes, sempre poñendo o http:// diante para que as recoñeza.

