Campionato de Trivial

Origem: Chuza Wiki, a enciclopédia livre.

O evento deportivo do ano.

Contido

Por Qué?

Entre a poboación de Chuza! destaca un amplo sector de sabichóns no Fedello, ionquis da información, adictos aos documentais, siareiros de Saber y Ganar e Cifras e Letras... personaxes entrañables todos que, despois de moitas victorias consecutivas, xa non atopan rivais dispostos a ser humillados por eles unha vez máis no nobre deporte do Trivial Pursuit Enxebre. Para eles, para que os campións poidan medir as súas sobranceiras forzas intelectuais nun encontro definitivo, xurdiu no fedello a idea de organizar o Chuza's Ultimate Trivial Pursuit Championship®.

Ingredientes

Unha superficie plana e horizontal onde se poida despregar un taboleiro de Trivial. Un xogo de Trivial Pursuit actualizado e en bo estado. Unha atmosfera libre de tensións. 2-6 participantes (aínda que de haber máis sempre se podería xogar por equipos). Xogo limpo. Cervexa fría. Xente experta e esperta.

O Trivial

Os Trivials dos bares adoitan ser un perigo para a saúde pública, estar incompletos, e crer que o Real Madrid leva cinco copas de Europa gañadas ou que na URSS está todo atado e ben atado. Os que os contrincantes teñen nos seus fogares están baixo sospeita de ter sido memorizados, de xeito activo ou pasivo, polos interesados. Por iso é de lei mercar entre todos un Trivial Pursuit novo, a estrear, que pasará despois a ser propiedade do vencedor do campionato. O afortunado poderá facer que os losers asinen este trofeo, en recoñecemento enterno da súa inferioridade.

Quén Se Apunta?

  • Snob
  • ifrit
  • Modesto
  • Gato
  • Fer/fer (pero so apartires do 15/9)
  • Oko (só se é por parellas ;) e a partir do 16/10)
  • Pol
  • Uz/gerardinho2000 (dependendo da hora)
  • Laurindinha (non sei se chego tarde)

Cando?

1ª proposta: 7 de outubro, Santiago de Compostela --Ifrit 21:13, 4 Outubro 2006 (UTC)

2ª proposta: 1 de novembro, Santiago de Compostela --Modesto 22:12, 19 Outubro 2006 (UTC)

Algo Máis?

Freak Trivial: editado hai anos por Farsa's Wagon con materiais de baixa calidade, debuxiños de narizóns e un caótico sistema de xogo, esta versión (moi, moi) friqui do Trivial detodalavida permite que os friquiños (preferentemente por equipos) enfronten os seus coñecementos de comics, cine, televisión, xogos e literatura. Snob ten un, e está desexando darlle algo de uso. :-P

Personal tools